O día de Manuel María

Categoría: Nova

Este martes celebraremos un dos días grandes do noso país, centrado este ano en Manuel María. O Día das Letras brillará especialmente este ano ao centrarse na figura dun dos autores que máis e mellor souberon sintonizar co pobo galego. É un dos máis musicados e presentes nas aulas do noso país. Un dos máis recitados. Un dos máis lidos.
Prolífico autor, puxo sempre a súa poesía ao servizo do compromiso cunha terra, a súa, que quería e pola que loitou.
Este martes celebramos a súa figura mais, como a súa biógrafa Mercedes Queixas Zas comenta nun artigo no noso blogue, é importante que, após o 18 de maio, segamos tendo a súa obra e exemplo ben presentes para nos seguir guiando.

Comparte nas túas redes sociais ou por email