O MEU PESADELO FAVORITO, Mellor Libro de LIX galego

Categoría: Nova

O Teatro Principal de Santiago foi o lugar escollido pola AELG, AGE e a Federación de Libreiros para celebrar a primeira edición da Gala do Libro Galego e recoñecer os mellores traballos do ano pasado.
A escritora María Solar recibiu o premio pola súa obra O MEU PESADELO FAVORITO na categoría de Mellor Libro Infantil e Xuvenil.
Dende a familia da Editorial Galaxia celebramos este novo galardón para este libro que xa ten varios a nivel estatal e internacional e que fai máis grande aínda, a cada día que pasa, a nosa literatura pensada para os máis pequenos e pequenas da casa.

Comparte nas túas redes sociais ou por email