Presentación de A GARZA INSOMNE

Categoría: Nova

Presentación do libro 'A Garza insomne', cos nove relatos finalistas das últimas tres edicións do concurso Manuel Murguía. O acto celebrarase o venres, 13 de maio, ás 19:30 no Centro Cívico do Concello. O evento estará acompañado dun recital do grupo 4Jazz, a plantación dunha árbore conmemorativa do 25 aniversario do certame e unha lembranza literaria e musical de Manuel María, a quen se adica este ano o Día das Letras Galegas do 17 de maio. Ademáis, todos os asistentes ao acto recibirán de regalo o volume A Garza insomne, cos nove relatos finalistas das últimas tres edicións do concurso.

Comparte nas túas redes sociais ou por email