Arcadio López_Casanova

Categoría: Recensión

Unha novela da meirande orixinalidade, de medida arquitectura, de axustada trama narrativa, e escrita, por máis, nunha lingua viva, rica, expresiva (que acerta coa incorporación da tan curiosa e interesante xerga do mundo do graffiti). Relato do noso tempo,
de moi iluminadora (e eficaz) visión realista, e de certeira focalización no dicir da primeira persoa (que a miúdo implica o lector como narratario). Un exemplo modélico do que debe ser
unha obra de literatura xuvenil, pero da que pode —e debe— gozar, por suposto, todo bo amante da creación literaria de verdadeira calidade.
(Este texto é un fragmento da súa crítica publicada no número 204 de GRIAL).

Comparte nas túas redes sociais ou por email