Aprendendo literatura con 'A Esmorga'

"Un filme así dá un pulo importantísimo ao uso do galego entre a mocidade". A frase é dun dos docentes que acompañou o pasado mércores en Vigo aos alumnos e alumnas ao pase especial de 'A Esmorga'. Acudiron rapazas e rapaces de cinco centros de ensino da cidade olívica, enchendo tres salas dos cines Gran […]
Arcadio López_Casanova

Unha novela da meirande orixinalidade, de medida arquitectura, de axustada trama narrativa, e escrita, por máis, nunha lingua viva, rica, expresiva (que acerta coa incorporación da tan curiosa e interesante xerga do mundo do graffiti). Relato do noso tempo, de moi iluminadora (e eficaz) visión realista, e de certeira focalización no dicir da primeira persoa […]
Ledicia Costas

Un libro matrioska A boneca de Blanco Amor non é un libro, é un libro-matrioska. No seu interior, ente as curvas e liñas das letras, están agochados outros libros, e outros, e outros. Ti vas chegando a eles, mais, cando pensas que xa está, que abriches a derradeira boneca desa matrioska, aínda atopas algo máis […]
Presentación de "O meu pesadelo favorito" en Compostela

María Solar presenta "O meu pesadelo favorito", o marabilloso libro co que gañou o Premio Lazarillo 2014, na Libraría Couceiro de Compostela mañá xoves ás 20h. Acompañarana Henrique Monteagudo, Xabier Díaz e Francisco Castro. Estades todas e todos convidados!