Algo máis que un café

Categoría: Nova

Toda cidade ten o seu café. Toda cidade ten o seu lugar, case mítico, onde arredor dun café se teceron historias grandes dignas de pasar á literatura e á memoria.
Albino Mallo regálanos 'Algo máis que un café. O Derby de Vigo. 1921-1968', a historia de milleiros de persoas que pasaron por un local durante o medio século que permaneceu aberto.

Libro indispensable para todos os vigueses e viguesas e para todos aqueles que, sen dúbida, teñen o seu propio café na cabeza, non moi afastado, seguro, deste olívico Derby.

Comparte nas túas redes sociais ou por email