A exposición sobre a censura chega a Pontevedra

Categoría: Nova

Desde hoxe, e ata o vindeiro 1 de xuño, os pontevedreses poderán visitar a exposición, organizada pola Fundación Penzol, "Editar en galego baixo a ditadura franquista".
A mostra permanecerá aberta de luns a venres, de 9:00 a 21:00 horas e os sábados, 10:00 a 14:00 horas na Biblioteca Pública Antonio Odriozola.

O comisario da exposición é o investigador Xosé Manuel Dasilva Fernández e, na mesma, asistimos a unha recompilación, a través de diversos paneis, da evolución histórica da edición de libros en galego, así como as dificultades que pasaron as editoriais que publicaban libros nesta lingua durante a época da censura franquista.

A mostra xa pasou por outras cidades como Vigo e Vilagarcía de Arousa, con grande éxito de público.

Comparte nas túas redes sociais ou por email