A rolda de prensa contou coas intervencións da concelleira de cultura de Santiago, Socorro García Conde, do director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes, e do director de edicións, Carlos Lema.
Todos resaltaron a importancia da colaboración da empresa coas institucións públicas para facer posible a creación, e fundamentamente, a continuidade de proxectos tan ambiciosos coma esta Biblioteca Compostela de Narrativa Europea, que pretende ser a vía de entrada en Galicia do máis salientable da literatura europea do momento.
Nesta ocasión se presentaron títulos moi diferentes. Dous son de autores consolidados, premiados ambos co Nobel de Literatura: Istambul, de Orhan Pamuk, e O caderno dourado, de Doris Lessing. Outro foi un dos grandes éxitos editoriais do ano pasado en Francia e en grande parte de Europa, A elegancia do ourizo, de Muriel Barbery. E por último, a aposta de Galaxia por un novo autor, Flavio Soriga, cuxa novela Sardinia Blues de momento só foi traducida á lingua galega dende o italiano orixinal.