A autopsia de Napoleón

Categoría: Opinión

Disque cando lle foron facer a autopsia a Napoleón (que seica se tiña tanto ou máis valioso ca “un millón de homes”), os médicos que se dispuñan a manexar tesoiras e bisturís cabo do morto, quedaron certamente contrariados: o emperador dos franceses, rei de Italia, protector da Confederación do Rin, copríncipe de Andorra e mediador da Confederación suíza, Napoleón, ese gran home, resulta que  tiña o pene do tamaño… dun neno pequeno. Dados os últimos movementos no noso campo de batalla (o que xunta ou debera xuntar nun único bando a defensa da nosa identidade, da nosa cultura e da nosa lingua), e falo desas manobras consistentes, para pasmo e alborozo do inimigo, nunha desbordante exhibición de canóns,  e francotiradores, e fusileiros, e espías e mesmo espías dobres con puñais agochados na manga (todos empeñados en meterse un tiro no pé), temo que cando alguén, máis cedo ca tarde, se propoña facer a autopsia ao noso vigoroso, invulnerable e invencible estamento cultural…

Comparte nas túas redes sociais ou por email