Bases do PREMIO DE NOVELA "MANUEL GARCÍA BARROS"

Categoría: Nova

O Excmo. Concello da Estrada, sensible co proceso cultural de Galicia, entende que un dos bens máis prezados desta Comunidade é o da creación literaria, aspecto de salientable significación no marco da Lingua e da Cultura, que redunda nun amplo desenvolvemento da propia identidade. Neste marco de referencia enténdese que calquera estímulo positivo facilita e posibilita unha mellora no eido da Literatura e é polo que así entendido, no proceso de normalización cultural, crea: O PREMIO DE NOVELA "MANUEL GARCÍA BARROS" (KEN KEIRADES). Ademais, deste xeito, quere testemuñar a admiración e respecto e manter a presenza do ilustre académico e galeguista DON MANUEL GARCÍA BARROS, mestre e fillo deste Concello, contribuíndo así ao espallamento da súa persoa e máis a importante achega que a súa obra fixo ás Letras Galegas.

O Excmo. Concello da Estrada en colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Editorial Galaxia convoca o XXIV PREMIO DE NOVELA "MANUEL GARCÍA BARROS" (KEN KEIRADES), cunha dotación económica de 9.000 euros.

Na ligazón á dereita destas liñas poderás descargar o díptico coas bases do premio.

Comparte nas túas redes sociais ou por email