A AELG outorga a letra E a Helena Villar Janeiro

Categoría: Nova

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) realizou o sábado a súa Asemblea Xeral de Socios e Socias, e acordou premiar a Helena Villar Janeiro co galardón A Escritora na súa Terra, letra-E. O acto consistirá nunha gala que este ano chegará á súa vixésimo segunda edición e que terá lugar no mes de xuño no Concello de Rianxo.
Se hai uns meses era Gálix quen a nomeaba Socia de Honra, esta fin de semana foron as escritoras e escritores deste país os que a homenaxean concedéndolle tan importante galardón. Un premio máis que merecido pois a obra de Helena Villar Janeiro é o traballo tras dos que moitas e moitos escritores de LIX navegan abeirados ao seu ronsel.
A familia da Editorial Galaxia síntese orgullosa do traballo desta obreira da palabra, entusiasta e brillante en todo o que fai e que queda, en forma de libros, para o noso goce e lecer.

Comparte nas túas redes sociais ou por email