Terceira edición para 'Lourenço, Xograr'

Categoría: Nova

Manuel Portas gañou o Premio Manuel García Barros de Novela o ano pasado cunha novela, LOURENÇO, XOGRAR, que sabiamos que non ía pasar desapercebida. Malia ser publicada a fin de ano neste mes de febreiro coñece xa a súa terceira edición, enchendo de novo os andeis das librerías do país para satisfacer así ás lectoras e lectores que queren achegarse a esta suxestiva historia coral e poliédrica que nos permite viaxar a unha Galicia medieval de trobadores e cabaleiros.

Comparte nas túas redes sociais ou por email