Estás aquí:

Código: 19460

UN MAR DE CURIOSIDADES

21,40 € IVE INCLUIDO

Existen unicornios no mar? Os peixes poden cantar? É certo que hai ondas cadradas? Estas curiosidades, e moitas máis, podes atopalas neste libro sobre o misterioso mundo mariño, que conta con ilustracións para espertar o teu interese por coñecer máis. Existen as sereas? E os tritóns? Hai humanos adaptados á vida baixo as augas? As respostas recóllense de contos e de lendas, pero sobre todo da explicación rigorosa da ciencia, que nos dá o coñecemento. A curiosidade é o primeiro paso do interese para entender o inmenso mundo azul. Mergúllate nas súas páxinas para coñecer, amar e conservar o noso océano.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 100
Deseño: Rústica
Data Publicación: 09/10/2026
Dimensións 170 X 240 mm.
Colección: LANTERNA DE ARISTÓTELES
Nº na colección: 8
Edición: 1ª
Editorial:
ISBN: 978-84-1176-636-4
Observacións:

AUTORES/AS

García Galdo, Javier
María García Galdo

Ferrol, 23 de novembro de 1973.

Vivo en Santiago dende 1990.

PROFESIÓN: Biólogo mariño e apaixonado divulgador mariño. 25 anos traballando pola pesca e o marisqueo sostibles. Actualmente traballo como director técnico dunha consultora especializada no medio mariño. Con ampla experiencia como docente, asesoramento e xestión pesqueira, mergullador, auditor, consultor pesqueiro, xestor de proxectos e comunicador en producións audiovisuais e iniciativas de sensibilización sobre o mar. Experiencia en Imaxen submarina. Traballei para administración, xunto o sector pesqueiro, na empresa privada e en ONGs, o que me deu unha ampla visión dos retos e desafíos da nosa relación co mar. Durante os últimos 5 anos colaboro semanalmente nun programa de radio sobre o mar de Galicia “Mar de Ardora”.

MOTIVACIÓN PARA ESCRIBIR: O primeiro impulso para responder a preguntas sobre o mar foi aclarar as dúbidas dos meus fillos sobre o mar e o meu traballo. Despois empecei a colaborar no programa da radio galega “Mar de Ardora”, e tra-lo primeiro ano tratando temas sobre o mar, decidín escribir sobre eles coa intención de publicalos.

OBXECTIVO: Dar a coñecer biodiversidade dos nosos mares, e comprender mellor o océano e os seus habitantes. Porque o que non se coñece non se pode respectar nin amar.

Este libro pretende explicar, en linguaxe coloquial, evitando tecnicismos, algunhas das preguntas que moitos de nós podemos ter sobre o mar, os seus habitantes e a nosa relación con el.

As súas obras

Un mar de preguntas
9788411764049
20.55€ CON IVE

COLECCIÓN

LANTERNA DE ARISTÓTELES

A que cheiran as cores? A esperada guía para coñecer o cerebro
9788411763653
20.05€ CON IVE
CEREBRO EN MODO ON
Cerebro en ON
21€ CON IVE
POR QUE COMEMOS?
Por que comemos
20.55€ CON IVE
Puf! vaia peido... Seres sorprendentes con nomes ben ocorrentes
puf-vaia-peido-seres-sorprendentes
esgotado
Puf! Vaia peido. Seres sorprendentes con nomes ben ocorrentes
9788411760041
16.90€ CON IVE
A que cheiran as cores? A esperada guía para coñecer o cerebro
9788491514152
22.00€ CON IVE
UN MAR DE CURIOSIDADES
Un mar de curiosidades
21.40€ CON IVE
Un mar de preguntas
9788411764049
20.55€ CON IVE