Logo da súa publicación o pasado novembro, xa podemos atopar nas librerías a segunda edición desta obra coa que Freixanes volve á literatura dezasete anos despois.

Cabalo de ouros serve de canle a un río de historias e personaxes que o escritor reúne arredor dunha partida de naipes durante os anos da posguerra, nos tempos do wolfram. Freixanes volve nesta novela ao ámbito ficcional de O triángulo inscrito na circunferencia, unha Vilanova de Alba deshabitada e crepuscular na que os relatos sobre fuxidos, as consecuencias da guerra civil e a epopea da emigración e o exilio conviven nun patchwork de historias enfiadas por un narrador que retoma a música da memoria dos vellos cantares da literatura oral.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR