Presentación de 'Carne de Leviatán' de Chus Pato en Vigo

Mañá mércores, no Centro de Recursos Feministas de Vigo, a poeta Chus Pato presentará o seu novo libro, 'Carne de Leviatán', editado por Galaxia na súa colección Dombate. Intervirán, xunta a autora, a poeta Elvira Ribeiro e o director de Edicións de Galaxia, Carlos Lema. Chus Pato é un dos nomes capitais da poesía galega […]
Crónica dun Culturgal ilusionante

Onte rematou o Culturgal, a Feira das Industrias Culturais que se celebrou en Pontevedra e no que a nosa editorial tivo un protagonismo importante, cun mollo de actividades dirixidas a todos os públicos e en varios formatos. Máis de 14.000 persoas pasaron polas instalacións dun Culturgal que cada ano medra máis a todos os niveis […]
Día das Librerías

Hai tres anos, timidamente, arrancaba un día dedicado ás librerías. E tres anos despois, emella como que a festividade xa está totalmente asimilada dentro do adn emocional de todos e de todas as que amamos os libros e todo o que ten que ver coa súa difusión, ben sexa dende a edición ou dende as […]
Gran resposta á oferta de prevenda do Ulises de Joyce

Cando xa vai case que un mes dende que anunciamos a oferta de prevenda do libro de James Joyce, 'Ulises', que en breve estará nos andeis de todas as librerías do país, constatamos o grande interese suscitado pois son moitos os lectores e lectoras que se acolleron a esta posibilidade de conseguir este clásico da […]
Conversa con Benigno Campos en Betanzos

Este xoves, na Libraría Biblos de Betanzos, o popular cociñeiro Benigno Campos manterá un coloquio con todas aquelas persoas que queiran partillar co cociñeiro do popular programa da Televisión de Galicia, LARPEIROS. Unha boa ocasión para preguntarlle sobre os segredos da súa cociña.
Inaugauración da exposición FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO. COS OLLOS DO SEU ESPÍRITO

A exposición "Francisco Fernández del Riego. Cos ollos do seu espírito" inaugúrase o martes 26 de novembro na cidade olívica. Ese día preténdese conmemorar o Centenario Francisco Fernández del Riego na data que se cumpre o seu terceiro cabodano. A Fundación Penzol era para Del Riego o seu fogar cultural, el foi o seu director […]
La Voz premia o compromiso de Galaxia con Galicia e o seu patrimonio

La Voz entregou onte o Premio Fernández Latorre, instituido en memoria do seu fundador, e que na súa edición número 55 distinguiu o traballo da Editorial Galaxia en favor da lingua e cultura galegas. Un labor que a institución desenvolve desde que foi fundada en 1950 por intelectuais como Ramón Piñeiro, Francisco Fernández del Riego, […]
Presenza de Galaxia/Mar Maior no MICA

Durante catro días, dende o pasado sábado (día 23) ata o martes reuníronse na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, representantes de distintos sectores e instituciones de Galicia e Arxentina relacionadas coa industria cultural: o libro, a música, o cine, o deseño, as artes escénicas, a comunicación… Editorial Galaxia presentou neste foro o seu […]