Éxito de Séchu Sende no Curdistán

Hai dous meses dabamos cumprida nova da saída do libro de Séchu Sende en curdo, baixo do título 'Di xewnan de jî ez ê zimanê xwe winda nekim' ('Nin en soños vou perder a miña lingua') publicado pola editorial Avesta. A día de hoxe, o libro do padronés esgotou xa tres edicións nunha lingua que, […]

Presentación de COVALLADAS, de Xurxo Borrazás

O escritor Xurxo Borrazás presenta o seu último libro, Covalladas. Prosa vertical. Estará acompañado por Carlos Lema, director de edicións de Galaxia, e Arturo López Regueiro, poeta. Neste o seu novo libro de estrutura rizomática e aparencia alegórica hai máis parodia que alegoría, parodia do literario, da vida e das convencións. No ronsel de Sterne […]

Comeza a Feira do Libro de Vigo

Hoxe inaugúrase a Feira do Libro de Vigo, na súa tradicional ubicación na Praza de Compostela, este ano obrigada a compartir espazo coa pantalla xigante disposta polo concello para seguir os partidos do Mundial. Malia iso, estamos certos de que os habitantes da cidade olívica non fallarán á anual cita cos libros nun entorno natural […]

Edición dixital de GRIAL

O proxecto é dixitalizar o fondo histórico da revista (185 números, dende o ano 1963 que empeza a sair trimestralmente), e de feito xa está dixitalizada ata o número 100, a partir dun convenio que se realizou no seu día co Instituto Cervantes e ARCE (Asociación de Revistas Culturais de España) da que GRIAL forma […]

Presentación en Pontevedra de AUTONOMÍA E MODERNIDADE EN GALICIA

Participan Xosé M. Soutullo, director de produción de Galaxia, Margariña Valderrama, Inspectora de Educación e coautora, Xosé María Palmeiro, xornalista e coautor do libro, e Xulio Pardellas, profesor de Economía da UVigo e coautor do libro. Porque xa transcorreu tempo abondo para valorar as bondades e fraquezas da autonomía. Máis de vinte e cinco anos […]

O catálogo de Galaxia en Google

Dende que Editorial Galaxia asinou co buscador de Google Books un acordo para presentar o libro galego nos escaparates da rede, o interese polas publicacións na nosa lingua en todas partes do mundo non deixou de crecer. Trátase de acceder aos autores e autoras de Galaxia, e mais ao seu fondo histórico, do mesmo xeito […]

Jazz e novela policial

Mañá mércores, no salón de actos do MARCO de Vigo o escritor Domingo Villar, e dentro das actividades da 6ª edición do Festival de Jazz de Vigo, terá lugar a mesa redonda titulada "The Jazz I Love (O jazz que amo). Os escritores tamén improvisan", na que o creador de Leo Caldas falará da relación […]

César Antonio Molina recibiu a Medalla Castelao

Onte, no 26 aniversario da chegada dos restos de Castelao ao Panteón dos Galegos Ilustres, o escritor César Antonio Molina recibía, de man do presidente da Xunta, a Medalla Castelao, un dos recoñecementos institucionais máis grandes dos que existen no noso país. Entre outras cousas, o autor de 'Eume' (na foto co rsto dos galardoados) […]