Comeza a Feira do Libro de Vigo

Categoría: Nova

Hoxe inaugúrase a Feira do Libro de Vigo, na súa tradicional ubicación na Praza de Compostela, este ano obrigada a compartir espazo coa pantalla xigante disposta polo concello para seguir os partidos do Mundial.
Malia iso, estamos certos de que os habitantes da cidade olívica non fallarán á anual cita cos libros nun entorno natural e feliz, en pleno centro, no que follear con calma milleiros de novidades ao tempo que gozan das presentacións, sinaturas e outras actividades paralelas organizadas este ano pola Federación de Libreiros da cidade viguesa.
A editorial Galaxia preparou un mollo importante actos que listamos de seguido:
– Luns 5 de xullo, ás 20:30 h, presentación do libro COVALLADAS, de Xurxo Borrazás.
Participan Carlos Lema, director de edicións de Galaxia, Arturo López Regueiro, poeta, e o autor, Xurxo Borrazás.

– Martes 6 de xuño, ás 20:00 h, Xosé Ramón Quintana Garrido asinará exemplares do seu libro UN LONGO E TORTUOSO CAMIÑO, Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2008.

– Martes 6 de xullo, ás 20:30 h, presentación do libro O SOÑO (RE)DIRIXIDO, de Vítor Vaqueiro.
Participan Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, Xosé María Álvarez Cáccamo, escritor, e o autor, Vítor Vaqueiro.

– Mércores 7 de xullo, ás 19:30 h, Benigno Campos asinará exemplares do seu libro A COCIÑA DE LARPEIROS.

– Xoves 8 de xullo, ás 20:30 h, presentación do libro O SEGREDO DE MARCO POLO, de Francisco Castro.
Participan Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, Ledicia Costas, escritora, e o autor, Francisco Castro.

– Venres 9 de xullo, ás 20:30 h, presentación do libro UN HOME IMPUNTUAL, de Pepe Cáccamo.
Participan Francisco Castro, editor do libro, e o autor, Pepe Cáccamo.

Comparte nas túas redes sociais ou por email