O proxecto é dixitalizar o fondo histórico da revista (185 números, dende o ano 1963 que empeza a sair trimestralmente), e de feito xa está dixitalizada ata o número 100, a partir dun convenio que se realizou no seu día co Instituto Cervantes e ARCE (Asociación de Revistas Culturais de España) da que GRIAL forma parte.
Pero entre tanto, os lectores e lectoras de GRIAL, espallados por todo o mundo (57 universidades dos Estados Unidos de América están subscritas á nosa revista) xa poden acceder dixitalmente ás nosas edicións, a un prezo de 9 euros descarga, algo máis económico que a edición en papel.
Os lectotres e lectoras só teñen que premer o indicativo "mercar edición dixital" que apatrece ao pé de todos os números de GRIAL, incluído o que presentamos trimestralmente na portada da web de Editorial Galaxia, e accederán á nosa distribuidora e ao quiosco ARCE onde a nosa revista se ofrece aos seus lectores.