Teatro, educación, historia

Dende a antiga Grecia, o teatro, a súa saúde e presenza na sociedade, é un indicador da saúde dunha sociedade. En permanente debate, o teatro axúdanos a entendérmonos mellor na medida en que, no fundamental, fala de todos nós. A Editorial Galaxia tira do prelo estes días, precisamente, dous novos volumes da súa Biblioteca de […]

Domingo Villar, o autor do verán

Tanto nas feiras de Vigo como da Coruña foi o autor máis celebrado, e en Sanxenxo (nas fotografías) as fileiras de lectores que pedían asinar os seus libros prolongouse ata as dez da noite do pasado 18 de agosto. Da "A praia dos afogados" Editorial Galaxia publicou o pasado mes de abril 5.000 exemplares. Xa […]

'Eu tamén son fonte' en Vigo

A exposición arredor do libro de Teresa Moure, 'Eu tamén son fonte', ilustrado por Leandro Lamas e que leva arredor dun ano itinerando con grande éxito por toda Galicia, chegou onte á cidade de Vigo. Na sede da Casa das Mulleres (rúa Romil, 20, baixo, dereita) produciuse este martes a inauguración desta mostra que permanecerá […]

Pero como fomentar de verdade a lectura?

Durante as vindeiras semanas, no 'Balcón de Libros' do noso blog, imos ir ofrecendo distintas respostas a unha pregunta que sen dúbida é esencial. O fomento da lectura é moito máis que o fomento do consumo de libros. É o fomento, tamén, do pensamento e da fantasía e, en última instancia, un elemento creador de […]

Finou Daniel Cortezón

Onte finaba no Hospital Xeral de Lugo, o escritor Daniel Cortezón. Nado en Ribadeo no ano 1927, foi o primeiro gañador do premio Blanco Amor de Novela ('A vila sulagada') aínda que o eido literario no que alcanzou cumios máis elevados foi no campo dramático con obras como 'As covas do Rei Cintolo' (1955), cun […]

Homenaxe a Marilar Aleixandre

Hoxe 30 de setembro celébrase o Día Internacional da Tradución cun mollo de actos que se concentran maioritariamente en Vigo e Compostela. Conferencias, actos conmemoriativos na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo e presentacións varias culminarán coa homenaxe a Marilar Aleixandre ás 20 horas no Centro Galego de Arte Contemporánea, nun acto […]

A dona dos mapas

A autora de 'Adios, María' ou 'Polo mar van as sardiñas', ademais dunha extensa e fermosa obra poética, Xohan Torres, será homenaxeada nunha sesión de estudio e debate sobre a súa significación literaria e cultural. Desenvolveráse no salón de actos do CCG hoxe entre as 10 e as 20 horas. Entre os ponentes estarán Ramón […]

Día Europeo das Linguas

O sábado celébrase o Día Europeo das Linguas. Por iso dicimos, agora máis que nunca, Nós. E non para un só día. Dicimos lingua galega, idioma de Galicia, galego, fala nosa, todos os días e a todas as horas e en todas as circunstancias. Galego. Lingua. Terra. Nós. Lingua nosa que partilla co mundo dende […]