25 anos de cultura galega

Galicia 25. Unha cultura para un novo século é o título da mostra que se presentou na Sede Central de Caixanova, en Vigo. A exposición consta de 25 módulos que amosan a evolución cultural do país en diversos ámbitos ao longo do último cuarto de século. Segundo explicou Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura […]

Xosé Luís Martínez Pereiro, Premio Repsol de Narrativa Breve 2008

A plica abriuse diante dos xornalistas na Fundación Luís Seoane da Coruña. Encargouse de facelo o catedrático da Universidade de Santiago e crítico literario, Anxo Tarrío. En opinión do xurado, trátase dun libro imaxinativo, desenfadado e culto, que o secretario do xurado relacionou coa tradición de Borges e con autores galegos como Carlos Casares ou […]

Eu escribo, ti escribes, el escribe

Eu escribo, ti escribes, el escribe (A escrita creativa na aula) é un Obradoiro Literario dirixido a profesor@s e centrado na aprendizaxe de técnicas de Escritura Creativa para poñer en práctica nas aulas ou noutras actividades de lecer coa mocidade. Todos os participantes verán publicados algúns dos seus poemas ou contos nun blog interactivo que […]

Flis-Fli-Ris-Flás

A campaña, que conxuga o teatro, a lectura, as actividades lúdicas arredor da lingua dirixidas ás familias e as novas tecnoloxías, foi presentada pola secretaria xeral de política lingüística, Marisol López, quen estivo acompañada tamén por representantes das outras editoriais galegas que achegan diferentes materiais para o fomento da lingua de nós. Flis-fli-ris-flás é un […]

Outono de traducións

Con Tras do solpor temos por primeira vez a oportunidade de ler en galego a obra dun dos grandes autores xaponeses contemporáneos, Haruki Murakami. En Toquio, no tempo que vai da medianoite ao mencer, inícianse e remátanse as historias desta novela. Xente da noite, vidas que conflúen, segredos descubertos e preguntas que ás veces non […]

Neira Cruz coordinará o Congreso IBBY do 2010 en Santiago

O director das coleccións infantís e xuvenís de Galaxia será tamén o encargado de presentar o 32º Congreso IBBY do 2010 en Santiago na actual edición que se está a celebrar nestes días en Copenhaguen. Este Congreso terá lugar no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela en setembro de 2010 e acollerá […]

Alfredo Conde recibe o premio Civilta delle Minorance

Non é a primeira vez que Alfredo Conde obtén un premio literario en Italia. En 1990 a súa novela Xa vai o griffón no vento recibiu o Premio Cavour á mellor novela estranxeira, convocado pola Fundación Grinzane Cavour, unha das partes que creou agora o galardón de apoio ás minorías (Civilta delle Minorance) xunto coa […]

Nova novela de Paul Auster

Editorial Galaxia presenta a nova entrega dun dos autores contemporáneos con máis éxito de crítica e de lectores: Un home na escuridade, traducida por Eva Almazán, que se distribúe en lingua galega á par das outras linguas europeas. Novidade para o próximo outono. Paul Auster (New Jersey, 1947) enfróntase ás pantasmas da sociedade contemporánea cunha […]