Novidades de setembro: O GUIÓN DA NOVA PELÍCULA DE PAUL AUSTER

A película vaise estrear no Festival de Cine de San Sebastián, que se celebrará do 20 ao 29 de setembro, e que ha contar coa presenza do escritor como presidente do xurado. Por primeira vez publícase en galego o guión dunha película que se presenta de xeito simultáneo nas pantallas. A nova obra de Auster […]

Europa e a Xeración Nós, ata o 25 de xullo

A exposición está producida por MERLÍN COMUNICACIÓN e organizada pola Fundación Otero Pedrayo e Presidencia da Xunta de Galicia e conta tamén co patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e mais da Fundación Galicia Europa e a colaboración do Museo do Pobo Galego e o Concello de […]

Alfredo Conde recrea a figura histórica de María Pita

María das Batallas. Segundo explica o autor, o título procede dun verso de Lorenzo Varela. Lemos na páxina 271: "Claro que tivo sorte a miña nai, toda a do mundo (…) Foi unha gran muller. Pero a súa gran fazaña non consistiu en lle arrear un pau a un invasor nunha arroutada, senón a batalla […]

Francisco Castro gaña o García Barros 2007

O xoves 12 de xullo de 2007 tivo lugar o fallo do XIX Premio de Novela Manuel García Barros (Ken Keirades) do Concello da Estrada, nun acto para os medios de comunicación no que unha vez aberta a plica se deu a coñecer o nome de Francisco Castro como gañador da convocatoria deste ano 2007. […]

Murado presentou "O soño da febre"

O novo libro de Miguel Anxo Murado chega logo de máis de seis anos desde a publicación da súa última obra narrativa. O soño da febre, que Editorial Galaxia publica na colección Literaria, parte dun episodio real da vida do autor e vai presentando unha galería de historias sorprendentes presididas pola pantasma da febre. Miguel […]

II Premio de Narrativa Breve Repsol YPF

A Refinería de Repsol na Coruña, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca a segunda edición do Premio de Narrativa Breve Repsol YPF en Lingua Galega. As bases do Premio establecen que as obras orixinais e inéditas deberán enviarse á Refinería antes do 16 de xullo de 2007, estar escritas en lingua galega, […]

César Antonio Molina, ministro de Cultura

César Antonio Molina (A Coruña, 1952) estudou Dereito en Santiago de Compostela e doutorouse pola Universidade Complutense de Madrid, cun traballo sobre as revistas literarias en Galicia (Xerais, 1991). Autor de dous poemarios en lingua galega, a súa actividade como crítico literario e editor centrouse, entre outros, na obra de Torrente Ballester (Alianza Editorial) e […]

Para unha reforma do financiamento autonómico

Inclúese unha interesante entrevista con Antoni Castells, conseller de Economía e Finanzas da Generalitat de Cataluña e presidente da parte catalá da Comisión Mixta de Asuntos Económicos e Fiscais, sobre a realidade do financiamento autonómico en España. Alberto Meixide conversa con quen hoxe é unha autoridade en facenda autonómica e local, cunha obra abondo recoñecida […]