'Rosalía pequniña'. O vídeo

Categoría: Nova

Hai uns meses publicabamos na colección Sonárbore, 'Rosalía pequeniña', o novo traballo de Uxía, ilustrado por Marina Seoane e que achega a obra rosaliana aos máis pequenos da casa dende plantexamentos musicais ben variados.
O libro-disco, todo un éxito de vendas, abéirase agora a un vídeo realizado cun gusto exquisito por Cuchi Carreira a partir das ilustracións de Marina Seoane e do tema que lle dá título ao traballo.
Podes velo na ligazón á dereita destas liñas.

Comparte nas túas redes sociais ou por email