Día Internacional da Tradución

Categoría: Nova

Hoxe luns celébrase en todo o mundo o Día Internacional da Tradución, unha xornada na que os tradutores e tradutoras do noso país queren reivindicar a visibilidade para a súa profesión, esencial á hora de dotar de calidade un sistema literario.
No caso de Galicia, a tradución, en especial de fóra cara dentro, ten desenvolvido un papel fundamental no proceso de normalización da nosa literatura, porque igual que é importante que os nosos creadores e creadoras sexan verquidos a outras falas, non o é menos que a gran literatura internacional chegue á nosa.
E nese asunto, como en tantos outros, o noso país é absolutamente normal e normalizado, pois contamos con profesionais da tradución de grande caliade que axudar a facer a nosa cultura, precisamente por iso, moito máis grande aínda.

Comparte nas túas redes sociais ou por email