'Negra sombra' de Najla Shami (Video Oficial)

Categoría: Nova

No pasado mes de xullo presentabamos 'Na lingua que eu falo', o libro-disco que a cantante Najla Shami dedicou a Rosalía de Castro. Dende a súa saída está a colleitar unha importante cantidade de boas críticas e unha grande aceptación por parte do público. En datas vindeiras anunciaremos o concerto co que presentaremos (o da feira da Coruña foi unha presentación acústica) este traballo delicado e elegante e na que a autora reivindica Rosalía para as novas xeracións.
Na ligazón á esquerda destas liñas podes visionar o vídeo oficial de 'Negra Sombra'.

Comparte nas túas redes sociais ou por email