'Contoplanet' achégase ás 4000 descargas

Categoría: Nova

Hai ben de meses que botamos a andar 'Contoplanet' unha novidosa iniciativa editorial sen precedentes en lingua galega e que está a ser moi ben acollida polo público non só galego senón do resto do mundo.
A día de onte, o número de descargas da aplicación achegábase ás 4000, un número certamente elevado para este tipo de produtos editoriais dos que, na nosa lingua, só se conta a nosa iniciativa.
A día de hoxe, dous dos contos dos cinco que configuran a primeira parte do proceso, 'Puag, que noxo!' de Fina Casalderrey e 'Quen son?' de Alicia Borrás, xa son disfrutados desta nova maneira por milleiros de usuarios e usuarias de todo o mundo. Nos vindeiros meses, o resto dos títulos da colección
Xa que logo, dende Editorial Galaxia, felicitámonos e convidamos a todas e a todos a descobrir este novo xeito de ler que será, a cada día que pase, máis e máis habitual entre nós.

Comparte nas túas redes sociais ou por email