'Bágoa de lúa' finalista do II Premio Muíño do Vento

Categoría: Nova

Hai moitos premios literarios. E un dos máis singulares é o PREMIO DE TEXTOS DE CONTRAPORTADA MUÍÑO DO VENTO que convoca a Asociación Socio-Cultural de Canido-Ferrol, e que xa vai pola súa segunda edición.
O certame pretende recoñecer unha parte dos libros que non por discreta é menos importante, como é a redacción dos textos da contraportada, é dicir, esas palabras que dende as editoriais se escolle para orientar ao futuro lector ou lectora.
Desta volta, o xurado decidiu recoñecer catro libros como finalistas: 'A illa de todas as illas', de Xabier P. DoCampo, 'A Terra Queima', de Lalo Carnota e Xurxo Souto, 'O Castañeiro de Abril', de Antonio Manuel Fraga, e 'Bágoa de Lúa', de Sabela González, primeiro tomo da triloxía fantástica 'As crónicas de Landereina'.
Daquela, moi contentos dende a familia da Editorial Galaxia.

Comparte nas túas redes sociais ou por email