Segunda edición en catro meses para o libro de Berta Dávila

Categoría: Nova

No mes de setembro pasado recibiamos a grata nova de que Berta Dávila era a gañadora do Premio Repsol 2013. O título da novela era 'O derradeiro libro de Emma Olsen'. Coincidindo co Culturgal, no mes de decembro pasado, vía a luz e chegaba ás librerías do país. Só catro meses despois, anunciamos a saída da segunda edición desta obra que está a conquistar aos lectores e ás lectoras e, dende logo, á crítica literaria que se ten expresado unanimamente entusiasmada con esta novela sorprendente. Unha historia protagonizada por Emma Olsen, quen regresa a Faith, a súa cidade natal, para contar unha historia soterrada durante moito tempo.

Comparte nas túas redes sociais ou por email