A prestixiosa revista CLIJ, todo un referente no que se refire á Literatura Infantil e Xuvenil de calidade, vén de publicar no seu último número a súa lista de honra anual que recoñece os mellores títulos editados e clasificados por idades do ano pasado.
No referido ao chanzo de idade que vai dos oito aos dez anos, o libro de Xosé A. Neira Cruz e David Soler, 'Jan estivo alí', que xa coñeceu hai pouco a tradución ao coreano, é incluído na lista ao carón doutros escritos por Agustín Fernández Paz, Enzensberger, Mario Vargas Llosa ou Jokin Mitxelena.
Outra boa nova para este libro co que Editorial Galaxia inaugurou a colección Árbore Arte.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR