escolma

23,70€

mercar

Xornalistas con opinión. Escolma de textos

VV.AA.

Unha parte moi importante da historia está nos periódicos. Esta selección de textos, escolma dalgunha das mellores páxinas do mellor xornalismo, ofrece unha significativa panorámica da transición que vai dende a Galicia de principios do século XIX ata os nosos días.

Xornalismo literario e de opinión. Pensamento activo nas páxinas dos xornais. O presente volume, aínda que admite unha lectura autónoma, complementa o correspondente ás biografías de vinte xornalistas que editamos nesta mesma colección. A escolma de textos non só permite unha visión máis rica dos autores senón que, en conxunto, constitúe unha moi ilustrativa panorámica da historia da sociedade galega nos últimos douscentos anos.

A presente escolma inclúe unha ampla selección de traballos de Manuel Pardo de Andrade, Concepción Arenal, Alfredo Vicenti, Emilia Pardo Bazán, Alfredo Brañas, Sofía Casanova, Basilio Álvarez, Antón Villar Ponte, Julio Camba, Xoán Xesús González, Wenceslao Fernández Flórez, Manuel Lustres Rivas, María Luz Morales, Roberto Blanco Torres, Ben-Cho-Shey, Víctor Casas, Johán Carballeira, Ánxel Fole, Luís Seoane e Álvaro Cunqueiro.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 428
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 13,5 x 21 cm.
  • Data Publicación : 2007-12-27
  • Colección : Ensaio
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-043-3
  • Edición : 1

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

a-tua-historiaA túa historiaKathryn StrobelVanesa Álvarez
a-revolucion-verticalA revolución verticalNgũgĩ wa Thiong’o
do-tempo-e-dos-astrosDo tempo e dos astrosAntonio Fraguas

VV.AA.

VV.AA.,


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR