Selección dos textos que inclúen as semblanzas literarias de Antonio Neira de Mosquera, unha das grandes figuras do posromanticismo, ou as crónicas de Rosalía de Castro para La Ilustración Gallega y Asturiana, ata os máis próximos aos nosos días. O presente volume, aínda que admite unha lectura autónoma, complementa o correspondente ás biografías de vinte xornalistas editadas nesta mesma colección. A escolma de textos non só permite unha visión máis rica dos autores e autoras, senón que constitúe unha moi ilustrativa panorámica da historia da sociedade galega.