A voz insurrecta. María Victoria Moreno, entre a literatura e a vida

Montse Pena Presas

Escritora, profesora, conferenciante

e impulsora de diferentes iniciativas culturais. María Victoria Moreno foi unha muller con facetas moi diversas e cunha capacidade sorprendente para adiantarse ao tempo que lle tocou vivir. Cun estilo áxil, que combina a investigación das fontes co relato biográfico e a análise da obra literaria. Montse Pena achéganos en A voz insurrecta unha biografía en que a vida da autora homenaxeada no Día das Letras Galegas de 2018 queda reflectida tal cal era: chea de elementos cotiáns mais tamén coas reviravoltas propias dunha novela. A súa procedencia estremeña e a capacidade de asumir o galego como lingua propia, a entrega constante nas aulas e o compromiso adquirido coa literatura infantil e xuvenil galega, aínda incipiente cando comeza a escribir, trazan o singular perfil da muller comprometida que quería deixar “un ronsel de amor, un bo exemplo e un libro que descubra algo a quen o lea”.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 180
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 190
  • Data Publicación : 13/02/2018
  • Colección : Letras Galegas
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-156-4
  • Edición : 1
  • Nº na colección : 23
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

senlleirasSenlleirasAntía Yáñez Rodríguez
palabra-de-bruxaPalabra de bruxaAndrea Barreira Freije

Foto Montse Pena

Pena Presas, Montse
Sada, 1981. É licenciada en Filoloxía Galega e DEA en Teoría da Literatura e Literatura Comparada pola USC; e máster en Edición pola Universidade de Salamanca. Na actualidade, traballa como profesora no Departamento de Didáctica da Lingua e das Ciencias Sociais da USC, feito que compaxina coa crítica literaria en diversas revistas e xornais e coa investigación en literatura infantil e xuvenil, o seu ámbito de especialización. Publicou diversos estudos sobre esta materia e é coautora de materiais didácticos moi variados, entre eles os libros de Lingua e Literatura Galega para a ESO de Editorial Galaxia ou a guía de literatura infantil e xuvenil non discriminatoria II.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR