vida taramancos

Non dispoñible

Non dispoñible

Vida de Antón Avilés de Taramancos

Xosé María Álvarez Cáccamo

A vida de Avilés móvese nun territorio fascinante, onde a imaxinación e a aventura se confunden.

En Antón Avilés de Taramancos coinciden a ansia de coñecer (apaixoado descubridor de mundos novos) coas conviccións profundas que lle dan sentido ao ser humano, máis alá das fronteiras espaciais e xeográficas particulares. Velaquí o segredo destas páxinas que, a xeito de intelixente relato, Álvarez Cáccamo ofrece aos lectores.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 136
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 13,5 x 19 cm.
  • Data Publicación : 2003-01-01
  • Colección : Letras Galegas
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-591-9
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo

tempoTempo do pai17,95€
ventoVento de sal12,50€

Actividades relacionadas


Novidades

9788491514756A esmorga (Ilustrada)Eduardo Blanco AmorDiego Estebo
9788491514725Unha estrela para AminaCelia Díaz Núñez

Autor/a

pep caccamo

Álvarez Cáccamo, Xosé María
Naceu en Vigo en 1950. Estudou Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela e dende 1973 exerceu de profesor de Literatura en varios institutos de Galicia. Destaca como poeta, aínda que tamén publicou relatos breves, algunha peza teatral e textos para o público infantil. Como ensaísta centrouse na poesía galega da segunda metade do século XX, con estudos como Vida de Antón Avilés de Taramancos, A comezos do 2006 publica en Galaxia as súas memoria baixo o título de Memoria de poeta. Da súa obra lírica destacan os poemarios Luminoso lugar de abatimento, Premio Esquío 1986, e Calendario perpetuo, Premio da Crítica de Galicia 1998. Formou parte dos consellos de redacción dos suplementos Galicia Literaria de Diario 16 de Galicia e Faro das Letras de Faro de Vigo. Foi membro do Foro da Cultura e na actualidade forma parte do consello de redacción da revista Grial e do colectivo Burla Negra. Premio da Cultura Galega 2018 na modalidade de letras.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR