foto

Non dispoñible

Non dispoñible

Unha soa man e outros intres

Xerardo Quintiá

Un conxunto de relatos, baseados na soidade cotiá, atrapan ao lector.

¿Cal é o son do aplauso dunha soa man? ¿Como é a realidade das persoas neste novo milenio que comeza? En Unha soa man e outros intres rastréxase a soidade cotiá que nos inunda e nos arrodea. É un libro construído con moito xeito, son relatos que van ao fondo coa brutal sinceridade dun observador atento e insubornable. Despois da boa acollida que tivo Finísimo po nas ás, agora felicitámonos pola publicación do segundo libro do autor lugués Xerardo Quintiá, unha das novas voces esperanzadoras da literatura galega.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 112
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 120 x 164
  • Data Publicación : 1999-12-01
  • Colección : Descuberta
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-334-2
  • Edición : 1

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

unha-verdade-amargaUnha verdade amargaCelia Díaz Núñez

xerardo

Quintiá, Xerardo
Xerardo Quintiá (Friol, 1970) publicou os seus primeiros textos literarios na sección cultural "Táboa Redonda" de El Progreso (1988) e colaborou despois en revistas como Dorna ou Xistral. O seu primeiro libro, Finísimo po nas ás é de 1997. Dous anos despois, ve a luz Unha soa man e outros intres e, nos 2001 e 2002, Un rabaño de ovellas brancas e O libro dos aparecidos. No eido da literatura infantil, é autor de A verdadeira historia do burro Feldespato (2002) e de Ke-Tumba Ke-Tamba, finalista do Premio Raíña Lupa. Para primeiros lectores escribiu Titiritesa (2007). Como poeta, publicou Ailalalalelo de auga (2001); Poesía en ruta (Premio Fermín Bouza Brey 2007) e FORNELOS & FORNELOS, primeira fundación (Premio Fiz Vergara Vilariño 2011).


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR