Estás aquí:

Código: 319

Un nome de dicionario

15,60  IVE INCLUIDO
Unha novela que nos descobre a realidade angustiosa, crúa e actual dunha rapaza singular que ve crebada a súa vida pola anorexia.
Plectrude nace no cárcere, orfa. Vai ser unha rapaza distinta, condicionada por esa circunstancia. Excepcional na escola, onde todos a admiran, a súa obsesión é ser bailarina na Ópera de París. Cando está a piques de realizar o seu soño, a dura disciplina da danza condúcea á anorexia. A protagonista da novela está inspirada nun personaxe real, a cantante francesa Robert, que aparece retratada na cuberta da edición galega da novela. En Un nome de dicionario, Amélie Nothomb sorprende polo seu estilo inconfundible, pola súa madureza e a súa capacidade de conectar facilmente co lector. Hoxe en día, a narradora belga é a representante por excelencia da nova literatura en lingua francesa.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 144
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 24/03/2010
Dimensións 135 x 210 mm mm.
Colección: Literaria
Nº na colección:
Edición: 2ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-8288-635-0
Observacións:

AUTORES/AS

Nothomb, Amélie
Nothomb

Naceu en 1967 en Kobe (Xapón) de pais belgas. É unha autora de culto, un dos fenómenos editoriais máis interesantes dos últimos tempos, que conecta con doada complicidade coas inquedanzas da nosa época. Escribe en francés e é autora de dez novelas, entre as que compre salientar Hygiène de l’assasin (1992), que lle fai acadar notable popularidade en Francia, da que se chegaron a vender máis de 350.000 exemplares e da que se fixeron dúas versións teatrais e unha película de cinema. Con Stupeur et treblements (1999) obtén o Gran Premio da Academia Francesa, consagrándose como unha das grandes escritoras europeas ao ser tamén unha das autoras novas máis traducidas. En Galicia recibiu en 2002 o Premio San Clemente de Lectores Novos pola novela Cosmétique de l’ennemi. En 2003 foi traducida ó galego por Editorial Galaxia a súa novela Un nome de dicionario, antes de que aparecese a súa versión en castelán.

As súas obras

Un nome de dicionario
nome
15.60€ CON IVE

COLECCIÓN

Literaria

1Q84. Libro 3
libro3
24.10€ CON IVE
1Q84. Libros 1 e 2
1q
27.40€ CON IVE
O sono das sereas (XI Premio Repsol 2017)
o-sono-das-sereas
16.70€ CON IVE
70º norte
9788411761420
21.95€ CON IVE
900
900
22.00€ CON IVE
A agonía das folerpas
9788491519201
24.40€ CON IVE
A beleza debe morrer
9788411760188
19.90€ CON IVE
A bisneta lercha
a bisneta lercha
14.70€ CON IVE