Nothomb, Amélie

Nothomb
Nothomb, Amélie

Naceu en 1967 en Kobe (Xapón) de pais belgas. É unha autora de culto, un dos fenómenos editoriais máis interesantes dos últimos tempos, que conecta con doada complicidade coas inquedanzas da nosa época. Escribe en francés e é autora de dez novelas, entre as que compre salientar Hygiène de l’assasin (1992), que lle fai acadar notable popularidade en Francia, da que se chegaron a vender máis de 350.000 exemplares e da que se fixeron dúas versións teatrais e unha película de cinema. Con Stupeur et treblements (1999) obtén o Gran Premio da Academia Francesa, consagrándose como unha das grandes escritoras europeas ao ser tamén unha das autoras novas máis traducidas. En Galicia recibiu en 2002 o Premio San Clemente de Lectores Novos pola novela Cosmétique de l’ennemi. En 2003 foi traducida ó galego por Editorial Galaxia a súa novela Un nome de dicionario, antes de que aparecese a súa versión en castelán.

As súas obras

Un nome de dicionario
nome
15.60€ CON IVE