so os mortos

13,70€

mercar

Só os mortos soterran os seus mortos

Arturo Lezcano

Unha ducia de relatos fantásticos con presenza destacada do conto de medo.

Só os mortos soterran os seus mortos inclúe unha ducia de contos fantásticos, algúns dos cales se inscriben nunha tradición de terror que ten as súas raíces tanto en Poe e Lovecraft como na propia literatura galega, cos que Arturo Lezcano continúa o labor emprendido hai anos con Os dados de Deus.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 128
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 2001-09-01
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-466-0
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514800Illados. Diario da pandemiaMaría López SándezMiguel Muñiz
9788491514862SilencioAgustín Agra
o-paraiso-dos-inocentesO paraíso dos inocentesAntón Riveiro Coello

Arturo Lezcano

Lezcano, Arturo
Arturo Lezcano (Ourense, 1939) estudiou Dereito e Xornalismo en Madrid e iniciou a súa relación coa cultura galega na tertulia ourensá de Vicente Risco. Nos anos sesenta desenvolveu unha ampla actividade no mundo dos cine clubes, que rememora no seu libro Ourense, cittá aperta (1999), aínda que profesionalmente se dedicou desde moi novo ao xornalismo. Foi director de Ferrol Diario, sobre o que publicou unha monografía en 1993, e traballou en La Región e en La Voz de Galicia, xornal do que foi redactor xefe. En 1987 recibiu o Premio de Xornalismo de Galicia e en 1991 obtivo o Premio Julio Camba. Como narrador deuse a coñecer na Antoloxía da literatura fantástica en lingua galega, de Antón Risco (1993) e máis tarde publicou Os dados de Deus (1994), un libro de relatos no que aparecen moitas das liñas temáticas de Só os mortos soterran os seus mortos.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR