Lezcano, Arturo

arturo-lezcano-aelg-3-d551f55
Lezcano, Arturo

Arturo Lezcano (Ourense, 1939-A Coruña, 2019) estudiou Dereito e Xornalismo en Madrid e iniciou a súa relación coa cultura galega na tertulia ourensá de Vicente Risco. Nos anos sesenta desenvolveu unha ampla actividade no mundo dos cine clubes, que rememora no seu libro Ourense, cittá aperta (1999), aínda que profesionalmente se dedicou desde moi novo ao xornalismo. Foi director de Ferrol Diario, sobre o que publicou unha monografía en 1993, e traballou en La Región e en La Voz de Galicia, xornal do que foi redactor xefe. En 1987 recibiu o Premio de Xornalismo de Galicia e en 1991 obtivo o Premio Julio Camba. Como narrador deuse a coñecer na Antoloxía da literatura fantástica en lingua galega, de Antón Risco (1993) e máis tarde publicou Os dados de Deus (1994), un libro de relatos no que aparecen moitas das liñas temáticas de Só os mortos soterran os seus mortos.

As súas obras

Risco segundo Risco
Risco segundo Risco
16.50€ CON IVE
Só os mortos soterran os seus mortos
so os mortos
14.70€ CON IVE
Para ler a Vicente Risco
ler a risco
14.70€ CON IVE
Os dados de Deus
dados deus
15.50€ CON IVE