Sapos e Sereas

Ana Cabaleiro

É a estrea literaria de Ana Cabaleiro

Unha voz especialmente singular dentro da nosa literatura e que nos vai agasallar, no futuro, páxinas coa mesma potencia literaria coma as que temos neste mollo de relatos. Neste volume nada é o que parece. A autora disponse a darlle a volta a moitas historias que pensabamos que só se podían contar dunha maneira. E, grazas á súa ollada nova, descubrimos que hai moitos sapos que non merecen saír da fochanca, que hai Sereas atrapadas en destinos tráxicos e que a realidade é, cando menos, cuestionable. Mellor dito, que hai que a cuestionar.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 96
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 22/02/2017
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-035-2
  • Edición :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

unha-verdade-amargaUnha verdade amargaCelia Díaz Núñez

Autor/a

PONTEVEDRA
ana cabaleiro
©  MONICA PATXOT

Cabaleiro, Ana
(Saídres, Silleda, 1974) é licenciada en Xornalismo, profesión que exerce intermitentemente desde hai dúas décadas. Cursou, ademais, o Master en Estudos Teóricos e Comparados da Literatura e da Cultura da USC, no que investigou e publicou sobre contracultura e ciberactivismo artístico. Tamén ten traballado no eido da discapacidade intelectual e no da cooperación ao desenvolvemento. Como autora, formouse en obradoiros e cursos de escrita, sempre na procura de voces femininas coas que abeirar as mareas da vida. Froito desta experiencias nace a compilación de relatos Sapos e Sereas, a súa primeira obra publicada. Como muller con raíces no rural, aínda conserva unha lagoa con máis dun millón de sapos e dúa ducias de ras cantoras.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR