Puf! vaia peido… Seres sorprendentes con nomes ben ocorrentes

Luisa Martínez Lorenzo

Neste libro atoparás unha manchea de nomes populares, trampulleiros e divertidos

Úsanse para chamar a algúns dos seres vivos que atopamos no noso contorno, pero tamén nos fan pensar noutras cousas ben diferentes e, case sempre, disparatadas. Ademais, sorprenderaste coñecendo o xeito de vida dos animais, plantas e fungos aos que se refiren.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 76
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 295 x 210
  • Data Publicación : 27/11/2018
  • Colección : Varios
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-270-7
  • Edición :
  • Nº na colección :
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

o-segredo-das-burgasO segredo das burgasAndrés Pombo Graña

Autor/a

luisa-martinez-joaquin-sierra

Martínez Lorenzo, Luisa
é doutora en Ciencias do Mar. Durante unha década dedicouse á investigación oceanográfica ata que, no ano 2007, decidiu redirixir a súa carreira profesional cara á comunicación social da ciencia. Desde entón é a responsable da Unidade de Cultura Científica (USC) do Consello Superior de Investigación Científicas (CSIC) en Galicia. Deseña, coordina e participa en accións de divulgación dirixidas a públicos moi diversos e a presentar os contidos científicos dun xeito atractivo e accesible para quen non están especializados neste ámbito, o que constitúe unha parte moi importante do seu traballo. Encántalle debuxar e, hai tempo, fixo un mástes en Álbum Infantil Ilustrado. Desde aquela non deixou de traballar e desenvolver a idea deste libro que agora tes nas mans.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR