foto

8,50€

mercar

Palabras envoltas en cancións

Antonio García Teijeiro

Fermosos poemas nacidos de cancións de grupos e músicos do pop e do rock internacional.

Este é un libro homenaxe, un libro xogo, un libro xoia. Partindo das letras de vinte cancións coñecidas —de grupos como os Rolling Stones, The Doors, Oasis, Queen, e cantantes de culto como Bob Marley, Bob Dylan, Lou Reed, Alanis Morissette, David Bowie—, vemos cómo se constrúe un espazo entre a música e a literatura no que resoa a paixón pola palabra, envolta en cancións. Deixádevos seducir por este libro hibridamente fermoso: volveredes abrilo nos momentos precisos.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 96
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 120 x 170
  • Data Publicación : 2000-04-01
  • Colección : Sete Mares
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-355-7
  • Edición : 1

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

9788491514756A esmorga (Ilustrada)Eduardo Blanco AmorDiego Estebo
9788491514725Unha estrela para AminaCelia Díaz Núñez

Autor/a

antonio-garcia-teijeiro-anxo-cabada

García Teijeiro, Antonio
Antonio García Teijeiro naceu en Vigo en 1952. É profesor, escritor e crítico de literatura infantil. Galardoado co Premio Merlín por Na fogueira dos versos, entrou na Lista de Honra do IBBY e concedéuselle o Premio Pier Paolo Vergerio da Universidade de Padua (Italia), un dos máis prestixiosos de Europa. Co poemario Arredor do teu corpo gañou o Premio Illas Sisargas. Pero estes son só algúns dos moitos recoñecementos que atesoura. Algúns dos seus poemas foron musicados por grupos de Galicia e por músicos como Antón Seoane e Paco Ibáñez. Mantén unha intensa actividade na rede dende o blog Versos e aloumiños. Foi premio nacional de literatura infantil e xuvenil en 2017.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR