Estás aquí:

Código: 245

Os dados de Deus

15,50  IVE INCLUIDO
Un libro de relatos nos que predomina o compoñente fantástico e nos que Arturo Lezcano introduce na narrativa galega xéneros pouco cultivados nas nosas letras, como a ficción científica.
Este foi o primeiro libro de relatos de Arturo Lezcano. Cun regusto fantástico que abrangue desde a ficción futurista de impronta cunqueiriana ata a especulación futurista, estes contos reclaman un estatuto senlleiro no panorama da actual narrativa galega. Pero o seu mérito non reside só na mestizaxe de xéneros e referencias nin nos seus intelixentes xogos literarios, senón tamén na súa riqueza imaxinativa e simbólica, na súa ironía e no apego a unha actualidade que transcende a súa condición de materia noticiable para converterse en fábula e interpretación visionaria.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 124
Deseño: Rústica
Data Publicación: 01/07/1994
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Literaria
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-7154-912-9
Observacións:

AUTORES/AS

Lezcano, Arturo
arturo-lezcano-aelg-3-d551f55

Arturo Lezcano (Ourense, 1939-A Coruña, 2019) estudiou Dereito e Xornalismo en Madrid e iniciou a súa relación coa cultura galega na tertulia ourensá de Vicente Risco. Nos anos sesenta desenvolveu unha ampla actividade no mundo dos cine clubes, que rememora no seu libro Ourense, cittá aperta (1999), aínda que profesionalmente se dedicou desde moi novo ao xornalismo. Foi director de Ferrol Diario, sobre o que publicou unha monografía en 1993, e traballou en La Región e en La Voz de Galicia, xornal do que foi redactor xefe. En 1987 recibiu o Premio de Xornalismo de Galicia e en 1991 obtivo o Premio Julio Camba. Como narrador deuse a coñecer na Antoloxía da literatura fantástica en lingua galega, de Antón Risco (1993) e máis tarde publicou Os dados de Deus (1994), un libro de relatos no que aparecen moitas das liñas temáticas de Só os mortos soterran os seus mortos.

As súas obras

Os dados de Deus
dados deus
15.50€ CON IVE

COLECCIÓN

Literaria

1Q84. Libro 3
libro3
24.10€ CON IVE
1Q84. Libros 1 e 2
1q
27.40€ CON IVE
O sono das sereas (XI Premio Repsol 2017)
o-sono-das-sereas
16.70€ CON IVE
70º norte
9788411761420
21.95€ CON IVE
900
900
22.00€ CON IVE
A agonía das folerpas
9788491519201
24.40€ CON IVE
A beleza debe morrer
9788411760188
19.90€ CON IVE
A bisneta lercha
a bisneta lercha
14.70€ CON IVE