O paxaro de Nácara

Pura Salceda

Nélida, unha galega emigrada a Barcelona, retorna á súa aldea polo funeral da súa avoa. Alí reencóntrase con Elías, un antigo amor que se truncou cando el emigrou a México. Agora ela está casada e con fillos, polo que aparentemente todo é auga pasada. Mais o encontro con Elías fará revivir un tema que crían agachado: a misteriosa morte hai moitos anos de Gonzalo, un tío de Nélida en México, nun accidente de coche.

Sobre estes vimbios, Pura Salceda constrúe unha novela de intriga en que o amor e o erotismo, así como uns personaxes arrastrados polo destino, van comprender que nada é tan sinxelo como, de primeiras, parece.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 416
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 04/09/2019
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Editorial Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-356-8
  • Edición :
  • Nº na colección : 394
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

grial-222Grial 222 VV.AA.

Autor/a

pura-salceda-josep-beltran

Salceda, Pura
Filla de emigrantes galegos, naceu en Cidade de México e vive en Barcelona. É doutora en Filoloxía románica e licenciada en Filoloxía hispánica. Publicou en 2003 Hola, de dónde eres? Manual de urgencia para navegar en los chats, en colaboración con Andrés Abe­rasturi; e en 2018, a novela Alicia en Pe­numbra. Historia de Perra Negra. Como poeta, é autora dos libros: A ollada de Astarté (2007), en galego; e a catro mans: Dois corpos nus, despíndose/Dous corpos nus, espíndose, con Casimiro de Brito (2016), en galego e portugués. En castelán publicou: Versos de Perra Negra (2005), Mares Online (2008); e “De ti y de mí”, en Las mejores historias de amor. E en versión bilingüe catalán-castelán: L’amant circumstancial (2014) e Un Llop estrany (2017). Tamén coordinou a antoloxía Erato bajo la piel del deseo. Antología de poesía erótica (2010). Obtivo o premio “Sal a escena 2009”, convocado polo Ministerio de Igualdad de España, polo guión da curtametraxe Más asesinadas, dirixida por Mario Pilarte. Foi secretaria xeral da Associació Col·legial d’Escriptors de Catalunya (ACEC) de 2010 a 2017. Edita desde 2006 o blog “Sintagma in Blue”.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR