Salceda, Pura

Pura-Salceda-©Josep-Beltran-6-196x220
Salceda, Pura

Filla de emigrantes galegos, naceu en Cidade de México e vive en Barcelona. É doutora en Filoloxía románica e licenciada en Filoloxía hispánica.

Publicou en 2003 Hola, de dónde eres? Manual de urgencia para navegar en los chats, en colaboración con Andrés Abe­rasturi; e en 2018, a novela Alicia en Pe­numbra. Historia de Perra Negra.

Como poeta, é autora dos libros: A ollada de Astarté (2007), en galego; e a catro mans: Dois corpos nus, despíndose/Dous corpos nus, espíndose, con Casimiro de Brito (2016), en galego e portugués. En castelán publicou: Versos de Perra Negra (2005), Mares Online (2008); e “De ti y de mí”, en Las mejores historias de amor. E en versión bilingüe catalán-castelán: L’amant circumstancial (2014) e Un Llop estrany (2017). Tamén coordinou a antoloxía Erato bajo la piel del deseo. Antología de poesía erótica (2010).

Obtivo o premio “Sal a escena 2009”, convocado polo Ministerio de Igualdad de España, polo guión da curtametraxe Más asesinadas, dirixida por Mario Pilarte.

Foi secretaria xeral da Associació Col·legial d’Escriptors de Catalunya (ACEC) de 2010 a 2017. Edita desde 2006 o blog “Sintagma in Blue”.

As súas obras

O paxaro de Nácara
o-paxaro-de-nacara
24.70€ CON IVE