O país sen fronteiras. Trinta días a través do Senegal

Xerardo AgraFoxo

Esta é a historia dunha viaxe a través do Senegal que durou os trinta días do mes de novembro do ano 2016.

Levando na mochila unhas cartas comprometedoras, o autor visita en primeiro lugar Dakar e Sainst-Louis, onde residira Antoine de Saint-Exupéry, o creador de O principiño, para despois internarse na cidade santa de Touba e comezar un periplo solitario pola sabana africana coa intención de coñecer o País Bassari, onde viven as tribos máis antigas de África Occidental, percorrer a conflitiva rexión de Casamanza e cruzar o río Gambia, antes de mergullarse nas augas de onde parten os caiucos cara a Europa. Cun caderno nas mans e camuflado en camionetas estrafalarias, Xerardo AgraFoxo percorre sen rumbo fixo un territorio do continente africano, un lugar ateigado de vitalidade, paisaxes abraiantes e problemas sen resolver.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 324
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 21/05/2018
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaixa
  • ISBN : 978-84-9151-174-8
  • Edición :
  • Nº na colección : 371
  • Observacións :

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

o-segredo-da-vella-libreriaO segredo da vella libreríaXabier López López
amor-por-catroAmor por catroHelena Villar Janeiro
de-gres-a-cadizDe Gres a CádizXosé Neira Vilas

Autor/a

xerardo_agrafoxo-01

AgraFoxo, Xerardo
Xerardo AgraFoxo (Noia, 1952) é profesor e doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e leva escritos máis de vinte libros de investigación histórica, entre eles os tres volumes de A Guerra Civil en Lousame e Noia, amais do libro Memorias do franquismo (A época do wolfram en Lousame. A corporación de Noia en Meirás) (2002). No ano 2006, seguindo coa súa tarefa de historiar a vida do seu concello, publicou os volumes Crónicas dunha democracia (A transición política en Noia. Os dous mandatos de Díaz Fornas) e A revolta nacionalista (A Noia de Pastor Alonso. O goberno de Bieito González). Dous libros que tiveron continuación cando saíu, en 2008, o derradeiro volume desta triloxía: Noia no cambio de século. No ano 2007 publicou Biografía de María Mariño e María Mariño: retrato dunha vida. Como narrador, no ano 2003 deu ao prelo o libro de relatos O triángulo de Óscar Wilde, un periplo narrativo por varios personaxes e autores da literatura e a arte universal escrito desde a convicción de que a ficción pode axudar a clarexar os matices da historia real. No ano 2004, obtivo o Premio García Barros coa novela Unha viaxe no Ford T e posteriormente vería a luz O violinista de Malá Strana (2008), tamén do xénero novelesco.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR