O país do porvir

Xoaquín Fernández Leiceaga

Vivimos moitos anos encerrados no mito do "atraso"

Pero Galicia, con esforzo e sacrificios, modernizouse. Explotando as posibilidades que ofrecía o mercado español, comunitario e mundial. Avanzando tamén grazas ás alavancas dun Estado, democrático e descentralizado, que foi progresivamente coidando dos seus habitantes e practicando a solidariedade, interpersoal e interrexional. Temos unha poboación formada, con empresas que traballan en mercados esixentes, co seguro que representa estamos integrados nun marco español e comunitario que favorece o proceso. E, sobre todo, cun autogoberno poderoso que, por máis que hoxe amose síntomas de crise, deberá pasar dunha adolescencia de crecemento fácil a unha madureza de responsabilidade e eficiencia.

O futuro depende de nós. Economista, concelleiro, parlamentario e escritor, Xoaquín Fernández Leiceaga (Noia, 1961) propón neste libro cambiar a maneira de mirar o futuro, sen o peso do pasado mais si apoiándose nel para sortear as barreiras e superar os obstáculos. Empregando con sabedoría e afouteza os instrumentos que o país ten. Ese debe ser o país por vir. O país do porvir.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 116
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 25/03/2020
  • Colección : Ensaio
  • Editorial : Editorial Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-458-9
  • Edición :
  • Nº na colección : 102
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514725Unha estrela para AminaCelia Díaz Núñez
cronica-viva-do-pensamento-galegoCrónica viva do pensamento galegoMarcelino Agís Villaverde
arbores-no-desertoÁrbores no desertoRosalía Fernández Rial

Autor/a

xoaquin-leiceaga

Fernández Leiceaga, Xoaquín
Xoaquín Fernández Leiceaga (Noia, 1961), profesor titular de Economía Aplicada desde 1992, foi director do Instituto Universitario de Estudios e Desenvolvemento de Galicia (1998-1999: 2014-2016) e vicerreitor de Asuntos Económicos da Universidade de Santiago de Compostela (1990-1994). Como representante político, foi tenente de alcalde de Facenda (1999-2007) en Santiago de Compostela, deputado do Parlamento de Galicia (2005-2012), voceiro de Economía do Grupo Parlamentario Socialista (2005-2009) e voceiro do Grupo Parlamentario Socialista (2009-2011; 2016-2019). Candidato á Presidencia da Xunta de Galicia polo PSdeG-PSOE (2016), é senador en representación da Comunidade Autónoma de Galicia. Publicou, entre outros libros, Economía política do monte galego (1990), Capital estranxeiro e industrialización en Galicia (1993), El impacto de las multinacionales sobre las economías de acogida (1998) e, nesta mesma editorial. ¿Por que fracasou a reforma do Estatuto de Autonomía de Galicia? e outros ensaios (2010); en colaboración con outros autores, Catro ensaios sobre a esquerda nacionalista (1990), Estrutura económica de Galicia (2000), Avellentamento demográfico e consecuencias socioeconómicas (2000), Os montes veciñais en man común (2006) e Galicia, ¿un pobo con futuro? (2014). Tamén e autor da novela Agosto de memoria e morte (2015).


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR