O morto asasinado e outros contos

María do Carme Kruckenberg

Entre 1998 e 2012, María do Carme Kruckenberg publicou periodicamente,

en edición non venal e co propósito de servir de agasallo ás amizades, un total de quince relatos breves acompañados de ilustracións de Eva Lloréns, Mercedes Lence, Gonzalo Suárez, Antón Goyanes e da propia autora. Eses relatos, xunto con outros sete publicados en 1999, reúnense neste libro. A experiencia vital da autora é a gran protagonista e o nexo destas pezas literarias nas que a sensibilidade da poeta, as súas vivencias e o pouso da memoria configuran un tecido feito de retallos, historias e impresións persoais sobre a vida e a xente. Unha ollada literaria que é o envés, tamén verdadeiro, da aventura irrepetible da poeta.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 60
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 238 x 208
  • Data Publicación : 03/01/2018
  • Colección : Varios
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-151-9
  • Edición : 1ª ed.
  • Nº na colección :
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

pericles-e-a-baleaPericles e a baleaXohana Torres
baleas-e-baleasBaleas e baleasLuisa Castro
the-making-ofThe making ofXavier Alcalá
o-padre-sarmiento-viaxeiroO padre Sarmiento, viaxeiroMarcelino Agís Villaverde

Autor/a

carme-kruckenberg-xan-carballa

Kruckenberg, María do Carme
A biografía íntima e literaria de María do Carme Kruckenberg Sanjurjo (1926-2015) está fortemente vencellada a Vigo, cidade desde onde contemplou de nena as oportunidades dunha infancia faliza canda aquloutra inxustiza social ao redor das greas migratorias cara aqueles lugares descoñecidos, malia ter nome propio, o que a concienciou intensamente para ser pór do lado dos que sofren miserias e desigualdades.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR