O enigma de Mona Lisa

María Noel Toledo

Mariel decídese a explorar o faiado dos seus avós na procura dun vestido antigo para a obra de teatro que deberá interpretar coa súa clase.

Alí atopa o intimidante retrato do tío Alfonso, cuns ollos que a seguen onde queira que vaia. Aparecen cartas de amor e a tarxeta doutra muller que non é a avoa, unha tal Mona Lisa, da que o avó pareceu nomorarse no seu día.

Comeza a investigación. E un partido de fútbol con equipos mixtos, cheo de paixón…

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 160
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 130 x 200
  • Data Publicación : 10/11/2016
  • Colección : Árbore
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-014-7
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

grial-221Grial 221 VV.AA.
estrelecerEstrelecerCarlos Labraña
9788491513308MnemeaXosé Duncan

Autor/a

maria-noel-toledo

Toledo, María Noel
Escribir contos sempre lle encantou, pero non foi ata 2006 cando comenza a publicar para nenos. Tiña xa un vínculo moi especial con eles a través da odontopediatría e a plástica, e de aí naceu Ramiro y la maravillosa Molly, un conto sobre a boca (Alfaguara, 2006). En 2008 foi reeditado por Primerapersona en Galicia, onde vivíu sete anos co seu esposo Alejandro e os seus fillos Santiago e Ramiro. Logo viñeron moitos libros máis. A ilustración e a animación con plastilina déronlle unha gran satisfacción en 2011, cando con Editorial Galaxia gañou o Premio Mestre Mateo á mellor obra interactiva por Area fai séis. Levou obradoiros de arte e creatividade por museos e centros culturais que lle fixeron coñecer toda a verde Galiza e tantos dos seus preciosos nenos e nenas. Volveu ao Uruguai en 2014, cando esta novela foi recoñécida co premio Onetti de Literatura Infantil Xuvenil. Tamén publicou un conto, Iris y el secreto del Ratón Pérez, con Editorial Banda Oriental, ao ano seguinte. Outra das súas paixóns é a escenografía. En 2015 tivo a satisfacción de ser proposta para os premios Florencio de teatro uruguaio pola obra The woman in black, de Susan Hill. Faille unha grande ilusión estar de novo en Galicia dalgún xeito con esta novela en galego entre as túas mans.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR