Estás aquí:

Código: 480

Nordeste (X Premio Repsol 2016)

16,45  IVE INCLUIDO
Premio de Narrativa Breve Repsol 2016
No bergantín Leboreiro, volve a unha Compostela poderosa e marítima Carme de Candingas, vedora maior da República das Santas Irmandades da Galiza. Recibira a orde de visitar as colonias que a patria posuía no Nordeste brasileiro. Naqueles territorios arredados debeu comprobar se o goberno da Compañía Galega de Indias concordaba cos principios xurdidos, había máis de douscentos anos, nas revoltas irmandiñas. Moito despois, na década de 1930, Matilda, unha xornalista que traballa en Sao Paulo, viaxa tamén ao Nordeste para informar sobre a máis perigosa banda de cangaceiros, bandoleiros que coa súa presenza talvez están a crebar o autoritarismo que se apodera do goberno do Brasil e do mundo enteiro. Na dureza daquela viaxe coñecerá a Maria Bonita, a máis famosa salteadora do Brasil. A bandoleira, cunha vida fóra das leis ditadas polos homes, presentaralle o sertao desértico, fermoso e implacable. As tres mulleres sentirán o amor, a violencia e a beleza dunha terra castigada e esquecida. As tres compartirán, ao cabo, a difícil e perigosa opción da liberdade.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 156
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 01/01/1970
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Literaria
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-011-6
Observacións:

AUTORES/AS

Asorey, Daniel
Daniel Asorey

Profesor de lingua galega e literatura no ensino secundario, é autor de relatorios, artigos e recensións sobre literatura e lingua galegas, ademais de material didáctico e libros de texto. No eido literario, recibiu premios como o I Certame de Relato Curto Cidade Vella (1988), o Premio de Narración Curta no I Certame Literario e de Investigación Terra de Melide (2001) e o do Certame de Narracións Manuel Murguía (ex aequo, 2002). Algúns dos seus textos están recollidos en obras colectivas como De soños e memorias (2003) e Muralla de Crescornio (1989).

As súas obras

Nordeste (X Premio Repsol 2016)
Nordeste
16.45€ CON IVE

COLECCIÓN

Literaria

1Q84. Libro 3
libro3
24.10€ CON IVE
1Q84. Libros 1 e 2
1q
27.40€ CON IVE
O sono das sereas (XI Premio Repsol 2017)
o-sono-das-sereas
16.70€ CON IVE
70º norte
9788411761420
21.95€ CON IVE
900
900
22.00€ CON IVE
A agonía das folerpas
9788491519201
24.40€ CON IVE
A beleza debe morrer
9788411760188
19.90€ CON IVE
A bisneta lercha
a bisneta lercha
14.70€ CON IVE