cando veremos

16,50€

mercar

Non sei cando nos veremos

Anxo A. Rei Ballesteros

Un relato novelesco no que a lingua oral e a narración directa, precisa e de trazado firme, se combinan coa crítica contundente da moral e as formas de vida da sociedade de hoxe.

O protagonista da novela é quen conta a súa propia historia, unha vida na que plenitude e desengano, fracaso e ilusión aparecen mesturados inextricablemente. Desde o cárcere, e cun ton directo que non quere disimular nin agachar nada, o narrador confésalle a súa filla unha realidade persoal que, comezando polos anos de estudante nun colexio de relixiosos e despois como universitario en Compostela, chega aos lindes da experiencia humana ao participar na brutal represión exercida pola Triple A na Arxentina da ditadura militar. A vida e a morte como expresión dunha mesma experiencia, como dúas facianas dunha mesma realidade na que a vivencia espida e sen límites dos praceres da carne vai parella á da extición e a tortura.

Rei Ballesteros fai convivir o asombro coa ironía, a orde coa desorde, o tempo como creador co tempo como destrutor, así logra transmitir ao lector a intensidade dunha existencia convulsa. Non sei cando nos veremos é unha novela que seduce e fai vibrar, narrada cunha habelencia literaria que non abafa a lectura e aliméntase dun pensamento inquisitivo e irreverente que se expresa a través do relato sen chegar a substituílo. Equilibrio na forma narrativa e intensidade no mundo que se expresa a través dela son as características que sinalan esta novela como a obra dun grande escritor.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 260
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210 mm.
  • Data Publicación : 2005-05-13
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-803-3
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo

loairaLoaira31,50€

Actividades relacionadas


Novidades

as-ramonasAs ramonasAna Cabaleiro
adios-maria-2018Adiós MaríaXohana Torres

anxo

Rei Ballesteros, Anxo A.
Anxo Rei Ballesteros (Codeso, Boqueixón, 1952-Vigo, 2008) é un dos autores que máis influíron na evolución da narrativa galega contemporánea. A súa obra, iniciada coa novela Dos anxos e dos mortos (1977) e continuada con Loaira (1992), é, segundo o crítico Xoán González Millán "un dos proxectos novelísticos máis complexos e ambiciosos da historia da narrativa galega". Xunto coa obra de teatro Xogos de damas (1988) e o ensaio A outra memoria (1989) tamén é autor do libro de relatos A sombra dos teus soños (1998). No ano 2002 obtivo o Premio Ramón Piñeiro de ensaio con
Tempo e vinganza e, no 2007 xunto con Carlos Fernández, o Premio Ánxel Fole polo ensaio Urda e mundo.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR