na-butaca

10,00€

mercar

Na butaca. Fantasía nº 3 en Dor Maior

Esther F. Carrodeguas

Na butaca aborda de maneira poética e optimista o tema do esquecemento como doenza tipo demencia ou alzhéimer que adoita instalarse nas mentes de persoas de certa idade.

A obra, parrindo da idea do vivir no presente desa personaxe que está esquecida -perdida do seu pasado e do seu futuro, tamén- achéganos a unha realidade que por veces nos amosa paz e outras anguria; falicidade  ou rabia. E xunto a ela imos do cómico ao escatolóxico pasando polo transcendente.

Na butaca tamén é un alegato -poético- a favor da vida vivida no presente. Ao fin e ao cabo, quen non pensou algunha vez que o esquecemento nos faría máis felices?

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 76
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 20/09/2017
  • Colección : Varios
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-074-1
  • Edición :
  • Nº na colección : 118
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

as-que-mais-molan-maria-fumacaAs que máis molan!!! UxíaMagín Blanco
hermes-aprendiz-de-magoHermes, aprendiz de magoManrique Fernández
a-ledicia-de-lerA ledicia de lerCarlos Casares
a-pel-do-mundoA pel do mundoBerta Dávila

Autor/a

esther-carrodeguas

F. Carrodeguas, Esther
(Rianxo, 1979). Polifacética artista, esta rianxeira de boa cepa asenta o seu currículo vital entre as letras, o audiovisual e o teatro. A súa escrita máis persoal cabalga normalmente por riba dos lindes que separan os xéneros, de maneira que moitos dos seus textos resultan difícil de clasificar. Premiada en 2006 co Modesto R. Figueiredo, do Pedrón de Ouro, polo relato Subir o telón (Edicións do Castro, 2008), coa súa primeira publicción en solitario. Collage (Ed. Barbantesa, 2011), reafírmase nunha escrita fortemente persoal e poética. A partir de entón, a súa carreira profesional foi derivando de cara ao teatro, publicando diversos textos (máis ou menos imposibles) na revista Núa de artes escénicas. Graduada en Dirección e Dramaturxia pola ESAD de Galicia no ano 2016, déixase notar a súa formación previa como xornalista, non só na súa colaboración habitual na Revista Galega de Teatro, senón sobre todo no seu teatro que, sendo moi pético, nace en realidade dunha necesidade vital de investigación. Deste xeito naceu na butaca, pero tamén a premiada Voaxa e Carmín (Difusora de Artes, Letras e Ideas, 2016. Premio Abrente de Textos Teatrais 2015). Na actualidade dirixe, xunto a Xavier Castiñeira, a compañía teatral ButacaZero.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR